viernes, 27 de enero de 2012

BELISARIO O DINOSAIRIO DITADOR

CON ESTE CONTO DE GUERRA...QUEREMOS FACER SABER...QUE TODO AQUEL QUE NOS BERRA...BEN QUERENDO OU SEN QUERER...CON UNHA CANCIÓN BAIXAMOS...OS SEUS CALZÓNS E UNIFORME...PARA QUE ENTENDA DUNHA VEZ...QUE CON BERROS E VIOLENCIA...NON TERÁ NOSA OBEDIENCIA



AQUÍ ABAIXO TENDES O AUDIO DO CONTO

sábado, 26 de marzo de 2011

PRIMAVERA

COA CHEGADA DA PRIMAVERA VEMOS UNHA AVENTURA DOS "LITTLE EINSTEINS" E TRABALLAMOS CON ELA A DISCRIMINACIÓN AUDITIVA DO FRAGMENTO MUSICAL DA PRIMAVERA, ENTRE OS FRAGMENTOS MÁIS SIGNIFICATIVOS DE CADA UNHA DAS "CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI", QUE SE VAN SUCEDENDO NA ACCIÓN DA AVENTURA.



Traballamos tamén a expresión corporal coa audición activa, por medio dun musicograma, das "Catro estacións" de Vivaldi, (as flores, o sol, a chuvia os paxaros a tormenta...).



E por último, antes da Semana Santa, dramatizamos esta canción "A margarida branca" que podedes escoitar no reproductor de abaixo. Tendes a letra no lateral debaixo do debuxo ...

lunes, 14 de marzo de 2011

A FORMIGUIÑA

DESPOIS DA SEMANA SANTA CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTA CANCIÓN INFANTIL BRASILEIRA. MOVENDO AS PARTES DO CORPO ÁS QUE A FORMIGUIÑA VAI CHEGANDO...


viernes, 25 de febrero de 2011

MANA MANÁ

Durante o mes de febreiro traballamos con esta canción dos teleñecos a iniciación a improvisación partindo da imitación: primeiro imitamos os personaxes do vídeo. Logo intentámolo (máis ben cos nenoa de 4 e 5 anos) cunha melodía ou secuencia de movemento "A" calquera e facemos rondas de improvisación con percusión corporal, co movemento ou coa voz...

viernes, 28 de enero de 2011

NUN MERCADO PERSA

Hacia finais do mes de xaneiro traballamos tamén a discriminación dalgúns instrumentos de percusión coa colaboración do nos amigo "Bombiño". E tamén o principio da audición "Nun Mercado Persa" de A. Ketelbey por medio deste musicograma, marcando o ritmo nos xeonllos, e despois co xogo das sillas...