viernes, 28 de enero de 2011

NUN MERCADO PERSA

Hacia finais do mes de xaneiro traballamos tamén a discriminación dalgúns instrumentos de percusión coa colaboración do nos amigo "Bombiño". E tamén o principio da audición "Nun Mercado Persa" de A. Ketelbey por medio deste musicograma, marcando o ritmo nos xeonllos, e despois co xogo das sillas...

domingo, 9 de enero de 2011

Tres pelos ten miña barba

Despois do Nadal comezamos con esta archicoñecida canción dos "payasos da tele". Servenos para cantar (como non), traballar o ritmo ternario, sustituir palabras por xestos e a súa vez tamén sustituir os xestos por instrumentos ou outras accións...